{tab GALEGO}

FOMOS A ANCARES!

 Unha vez máis, unha fin de semana chea de actividades, anécdotas, emocións e unha intensidade que nos deixa con ganas de máis.

 Ás sete da mañá saímos de Ares cara a Becerreá, onde fixemos o almorzo e o pan.  Dous participantes (Gela e María) decidiron non afrontar a dura subida a Tres Bispos e quedaron en Becerreá con moitas ideas e rutas para escoller.

 Os demais seguimos no autobús ata o albergue dos Ancares, dende onde iniciamos a andaina, sempre en continuo ascenso, cara a Tres Bispos.  Un descanso para repoñer forzas na Campa Tres Bispos, e despois afrontamos a parte máis difícil ata o cume.

 Como sempre sucede con Bimares, as opcións son persoais. É cada persoa quen debe medir os seus propios esforzos e decidir ata onde quere ou pode chegar.

 Deste xeito, tres de nós, os máis veteranos, decidimos non chegar ao cumio, aínda que isto non lles privou de gozar das emocións destas alturas tan espectaculares, case voando sobre vales e cordilleiras.

 Os demais culminamos, aínda que mantivemos a estabilidade con dificultades debido ao feroz vento que azoutaba nese intre este poderoso pico de case 1.800 metros de altura.

 Descendemos de novo ata a Campa Tres Bispos, dende onde imos á Campa Brego por un fermoso bosque de alta montaña.  Na Campa Brego paramos a recuperar forza e descansar.

 Dende aquí unha corredoira polo val, non exenta de pendentes e paralela ao río Da Vara, levounos de volta ao bus.

 Mentres, as que pola mañá decidiron quedar en Becerreá, iniciaron unha das rutas previstas, cara Saa.  E foi nesta ruta que coñeceron a hospitalidade e o cariño dos veciños.  Concretamente foi Milagros (en Cadoalla) quen ofreceu a súa hospitalidade ás nosas compañeiras, invitándoas á súa casa e incluso levándoas de viaxe no seu coche para coñecer Os Grobos.  Cabe mencionar que Milagros é unha reivindicadora da súa terra, que intenta manter tradicións, formas antigas de facer as cousas e recuperar o "Camiño D'antiga" así como a "Vía Künig", variantes non recoñecidas oficialmente do Camiño de Santiago francés (o máis popular).  Grazas Milagros.

 Despois da cea aínda houbo quen tivo forzas para saír á noite becerrense.

 Na mañá seguinte espertamos cunha chuvieira que previu o peor, fronte ás previsións meteorolóxicas.  Despois do almorzo, visitamos Os Grobos (onde estiveron as nosas socias o día anterior).  Os Grobos é un bosque de gnomos e fadas, composto por incribles formacións calcarias modeladas pola acción da humidade e o clima, ofrecendo paisaxes máxicas.  A choiva dificultou levemente a visita, aínda que a humidade cambiou o aspecto do bosque (cores e arrecendos) con respecto á súa visita en seco.

 Despois dirixímonos a Cervantes, xa que alí fixemos a ruta do castro de Santa María de Cervantes.  Unha vez máis, as opcións son persoais e algúns decidiron non andar este día, gozando do lugar.

 De novo quedamos sorprendidos coa hospitalidade local.  Despois duns paseos polo lugar para coñecer a arquitectura e os puntos interesantes de Cervantes, entraron a repoñer forzas nun bar.  E alí os cervantegos do lugar se esforzaron en que os nosos compañeiros se sentiran como na casa, ofrecéndolles o mellor da súa despensa para acompañar a espera.  Case foi un xantar!

 Mentres tanto, os que tiñamos máis ganas de camiñar, afrontamos con moita ilusión e entusiasmo o reto desta fermosa ruta do Castro de Cervantes.  Aínda que algúns case rematan cunha lesión nas costas de tanta castaña que había nas corredoiras.  Houbo quen xuntou castañas como para celebrar un bo Magosto.

 Descensos e ascensos leváronnos ao castro.  As paisaxes cambiaban a cada paso entre bosques seculares, árbores centenarias e o río Castro que cruzamos un par de veces.  A natureza acompañounos en todo momento, nas súas diferentes formas. Camiñando entre os cantos de aves, árbores froiteiras e arrecendo a mel; pisando alfombras de follas secas, os nosos recolectores traballaron impulsivamente atraídos ao chan polo brillo e tamaño atractivos das castañas.

 Unha vez rematada a ruta, volvemos ao hotel Ancares, onde nos trataron dun xeito exquisito.  Ducha e último xantar, con agradecementos e mencións aos máis valentes da fin de semana, precederon a viaxe de volta a Ares, onde chegamos con puntualidade alemá.

 Unha vez máis, moitas grazas a todos os participantes.  Vos facedes todo doado e que as nosas viaxes se convertan en eventos inesquecibles.

 Vémonos a próxima vez!

{tab CASTELLANO}

¡FUÍMOS A ANCARES!

Una vez más, un fin de semana cargado de actividad, anécdotas, emociones y una intensidad que nos deja con ganas de más.

A las siete de la mañana salimos de Ares rumbo a Becerreá, donde hicimos la parada del desayuno y el pan. Dos participantes (Gela y María) decidieron no afrontar el duro ascenso a Tres Bispos y se quedaron en Becerreá con un montón de ideas y rutas entre las que elegir.

Los demás seguimos en el bus hasta el albergue de Ancares, desde donde iniciamos la andaina, siempre en contínuo ascenso, hacia Tres Bispos. Un descanso para el tentempié de media mañana en Campa Tres Bispos para, a continuación, afrontar la parte más dura hasta la cumbre.

Como siempre con Bimares, las opciones son personales, y cada uno personalmente es quien debe medir sus propios esfuerzos, y decidir hasta donde quiere y puede llegar.

De este modo, tres de nosotros, los más veteranos, decidieron no llegar a la cumbre, aunque esto no les privó de disfrutar de las emociones que da estar en estas alturas tan espectaculares, casi sobrevolando valles y cordilleras.

Los demás culminamos, aunque mantuvimos la estabilidad con dificultades debido al feroz viento que azotaba en esos instantes este poderoso y acongojante pico, de casi 1800 metros de altura.

Descendimos de nuevo a Campa Tres  Bispos, desde donde nos dirigimos a Campa Brego atravesando un bonito bosque de alta montaña. En Campa Brego paramos a reponer fuerzas y descansar.

A partir de aquí un camino por el valle, no exento de desniveles y paralelo al Río Da Vara, nos llevó de vuelta al bus.

Mientras tanto, las que por la mañana decidieron quedarse en Becerreá, iniciaron una de las rutas previstas, dirección a Saa. Y fue en este recorrido que se encontraron con la hospitalidad y el cariño de los lugareños. Concretamente fue Milagros quien ofreció su hospitalidad a nuestras compañeras, invitándolas a su casa e incluso llevándolas de viaje en su coche para que conocieran Os Grobos. Cabe mencionar que Milagros es una reivindicadora de su tierra, que intenta mantener tradiciones, antiguas formas de hacer las cosas, y recuperar el “Camiño D’antiga” así como la “Vía Künig”, variantes no reconocidas oficialmente del Camino de Santiago francés (el más popular). Gracias Milagros.

Despues de cenar aún hubo quien fue capaz de salir a conocer la noche becerrense.

A la mañana siguiente despertamos con una torrencial lluvia que hacía presagiar lo peor, contra los pronósticos meteorológicos. Tras el desayuno, visitamos Os Grobos (donde estuvieran nuestras compañeras el día anterior). Os Grobos es un bosque de cuento. Compuesto por increíbles formaciones calizas modeladas por la acción de la humedad y el tiempo, nos ofrece unos paisajes mágicos. La lluvia dificultó la visita, aunque la humedad cambió el aspecto del bosque (colores y olores) con respecto a su visita en seco.

A continuación pusimos rumbo a Cervantes, pues allí realizamos la ruta del Castro de Santa María de Cervantes. Una vez más, las opciones son personales, y unos cuantos decidieron no caminar este día, disfrutando del lugar.

Una vez más, quedamos sorprendidos de la hospitalidad local. Tras unos paseos por el lugar para conocer la arquitectura y los puntos interesantes de Cervantes, entraron a tomar un tentempié en un bar. Y allí los cervantegos del local se entregaron a la labor de que nuestros compañeros se sintieran como en casa, ofreciendo lo mejor de su despensa para acompañar la espera. ¡Casi les dieron de comer!

Mientras tanto los que teníamos más ganas de andar, afrontamos el reto de esta preciosa ruta del Castro de Cervantes con muchas ganas e ilusión. Aunque algunos casi terminan con una lesión de espalda de tanta castaña que había en el camino. Hubo quien recolectó para celebrar un buen Magosto.

Descensos y subidas nos llevaron hasta el Castro. Los paisajes iban cambiando a cada paso entre bosques seculares, árboles centenarios, y el rio Castro que cruzamos un par de veces. La naturaleza nos acompañaba en todo momento, en sus diferentes formas. Caminando entre cantos de pájaros, árboles frutales y olor a miel, pisando alfombras de hojas secas, nuestros recolectores trabajaban impulsivamente atraídos hacia el suelo por el atractivo fulgor y tamaño de las castañas.

Rematada la ruta, volvimos al hotel Ancares, donde nos trataron exquisitamente. Ducha y último xantar, con reconocimientos y menciones a los más valientes del finde, precedieron al viaje de vuelta a Ares, donde llegamos con puntualidad alemana.

Una vez más, muchísimas gracias a todos los participantes. Conseguís que todo sea fácil, y que nuestros viajes se conviertan en acontecimientos inolvidables.

¡Nos vemos en la próxima!

{/tabs}