Galego

FOMOS A ANCARES!

Unha vez máis, unha fin de semana chea de actividades, anécdotas, emocións e unha intensidade que nos deixa con ganas de máis.

Ás sete da mañá saímos de Ares cara a Becerreá, onde fixemos o almorzo e o pan. Dous participantes (Gela e María) decidiron non afrontar a dura subida a Tres Bispos e quedaron en Becerreá con moitas ideas e rutas para escoller. Os demais seguimos no autobús ata o albergue dos Ancares, dende onde iniciamos a andaina, sempre en continuo ascenso, cara a Tres Bispos.

Un descanso para repoñer forzas na Campa Tres Bispos, e despois afrontamos a parte máis difícil ata o cume. Como sempre sucede con Bimares, as opcións son persoais. É cada persoa quen debe medir os seus propios esforzos e decidir ata onde quere ou pode chegar. Deste xeito, tres de nós, os máis veteranos, decidimos non chegar ao cumio, aínda que isto non lles privou de gozar das emocións destas alturas tan espectaculares, case voando sobre vales e cordilleiras. Os demais culminamos, aínda que mantivemos a estabilidade con dificultades debido ao feroz vento que azoutaba nese intre este poderoso pico de case 1.800 metros de altura.

Descendemos de novo ata a Campa Tres Bispos, dende onde imos á Campa Brego por un fermoso bosque de alta montaña. Na Campa Brego paramos a recuperar forza e descansar. Dende aquí unha corredoira polo val, non exenta de pendentes e paralela ao río Da Vara, levounos de volta ao bus. Mentres, as que pola mañá decidiron quedar en Becerreá, iniciaron unha das rutas previstas, cara Saa. E foi nesta ruta que coñeceron a hospitalidade e o cariño dos veciños. Concretamente foi Milagros (en Cadoalla) quen ofreceu a súa hospitalidade ás nosas compañeiras, invitándoas á súa casa e incluso levándoas de viaxe no seu coche para coñecer Os Grobos.

Cabe mencionar que Milagros é unha reivindicadora da súa terra, que intenta manter tradicións, formas antigas de facer as cousas e recuperar o "Camiño D'antiga" así como a "Vía Künig", variantes non recoñecidas oficialmente do Camiño de Santiago francés (o máis popular). Grazas Milagros. Despois da cea aínda houbo quen tivo forzas para saír á noite becerrense. Na mañá seguinte espertamos cunha chuvieira que previu o peor, fronte ás previsións meteorolóxicas. Despois do almorzo, visitamos Os Grobos (onde estiveron as nosas socias o día anterior).

Os Grobos é un bosque de gnomos e fadas, composto por incribles formacións calcarias modeladas pola acción da humidade e o clima, ofrecendo paisaxes máxicas. A choiva dificultou levemente a visita, aínda que a humidade cambiou o aspecto do bosque (cores e arrecendos) con respecto á súa visita en seco.

Despois dirixímonos a Cervantes, xa que alí fixemos a ruta do castro de Santa María de Cervantes. Unha vez máis, as opcións son persoais e algúns decidiron non andar este día, gozando do lugar. De novo quedamos sorprendidos coa hospitalidade local. Despois duns paseos polo lugar para coñecer a arquitectura e os puntos interesantes de Cervantes, entraron a repoñer forzas nun bar. E alí os cervantegos do lugar se esforzaron en que os nosos compañeiros se sentiran como na casa, ofrecéndolles o mellor da súa despensa para acompañar a espera. Case foi un xantar! Mentres tanto, os que tiñamos máis ganas de camiñar, afrontamos con moita ilusión e entusiasmo o reto desta fermosa ruta do Castro de Cervantes.

Aínda que algúns case rematan cunha lesión nas costas de tanta castaña que había nas corredoiras. Houbo quen xuntou castañas como para celebrar un bo Magosto.

Descensos e ascensos leváronnos ao castro. As paisaxes cambiaban a cada paso entre bosques seculares, árbores centenarias e o río Castro que cruzamos un par de veces.

A natureza acompañounos en todo momento, nas súas diferentes formas. Camiñando entre os cantos de aves, árbores froiteiras e arrecendo a mel; pisando alfombras de follas secas, os nosos recolectores traballaron impulsivamente atraídos ao chan polo brillo e tamaño atractivos das castañas. Unha vez rematada a ruta, volvemos ao hotel Ancares, onde nos trataron dun xeito exquisito.

Ducha e último xantar, con agradecementos e mencións aos máis valentes da fin de semana, precederon a viaxe de volta a Ares, onde chegamos con puntualidade alemá. Unha vez máis, moitas grazas a todos os participantes. Vos facedes todo doado e que as nosas viaxes se convertan en eventos inesquecibles. Vémonos a próxima vez!

Castellano

¡FUIMOS A ANCARES! Una vez más, vivimos un fin de semana lleno de actividades, anécdotas, emociones y una intensidad que nos deja con ganas de más. A las siete de la mañana salimos de Ares rumbo a Becerreá, donde desayunamos y compramos pan. Dos participantes (Gela y María) decidieron no afrontar la dura subida a Tres Bispos y se quedaron en Becerreá, con muchas ideas y rutas entre las que elegir.

El resto continuamos en autobús hasta el albergue de Ancares, desde donde iniciamos la caminata —siempre en ascenso continuo— hacia Tres Bispos. Hicimos una pausa para reponer fuerzas en Campa Tres Bispos y luego afrontamos el tramo más difícil hasta la cima. Como siempre ocurre con Bimares, las decisiones son personales. Cada uno debe medir sus propias fuerzas y decidir hasta dónde quiere o puede llegar.

Así, tres de nosotros —los más veteranos— decidimos no llegar a la cima, aunque ello no nos impidió disfrutar de las emociones que ofrecen estas alturas espectaculares, sintiéndonos casi como si voláramos sobre valles y cordilleras. El resto alcanzamos la cima, aunque nos costaba mantenernos en pie debido al fuerte viento que azotaba con furia aquel imponente pico de casi 1.800 metros de altura en ese momento. Descendimos de nuevo a Campa Tres Bispos y desde allí nos dirigimos a Campa Brego atravesando un hermoso bosque de alta montaña.

 En Campa Brego hicimos una parada para reponer fuerzas y descansar. Desde allí, un sendero empinado que atravesaba el valle, paralelo al río Da Vara, nos llevó de vuelta al autobús. Mientras tanto, quienes decidieron quedarse en Becerreá por la mañana iniciaron una de las rutas programadas, en dirección a Saa.

Fue precisamente en esta ruta donde experimentaron la hospitalidad y el afecto de los lugareños. En concreto, fue Milagros (en Cadoalla) quien brindó su hospitalidad a nuestros compañeros, invitándolos a su casa e incluso llevándolos en coche a visitar Os Grobos. Cabe destacar que Milagros es una defensora de su tierra que se esfuerza por preservar las tradiciones y las antiguas formas de hacer las cosas, así como por recuperar el "Camiño D'antiga" y la "Vía Künig", variantes no reconocidas oficialmente dentro del Camino de Santiago Francés (la ruta más popular).

Gracias, Milagros.

Tras la cena, todavía hubo quien tuvo fuerzas para salir por la noche en Becerreá. A la mañana siguiente nos despertamos con un aguacero que, a juzgar por la previsión meteorológica, hacía temer lo peor. Después del desayuno, visitamos Os Grobos (donde habían estado nuestros compañeros el día anterior).

Os Grobos es un bosque de gnomos y hadas, formado por increíbles formaciones calizas esculpidas por la humedad y el clima, que ofrece paisajes mágicos. La lluvia dificultó ligeramente la visita, aunque la humedad transformó el aspecto del bosque —tanto en colores como en aromas— respecto a cómo se percibe en seco. A continuación nos dirigimos a Cervantes para realizar la ruta del castro de Santa María de Cervantes. Una vez más, la elección fue personal: algunos decidieron no caminar ese día y optaron por disfrutar del lugar. Una vez más, nos sorprendió la hospitalidad local.

Tras unos paseos por la zona para conocer la arquitectura y los puntos de interés de Cervantes, el grupo acudió a un bar para reponer fuerzas. Allí, los lugareños se esforzaron por hacer que nuestros compañeros se sintieran como en casa, ofreciéndoles lo mejor de su despensa para amenizar la espera. ¡Aquello fue casi un almuerzo completo! Mientras tanto, quienes teníamos más ganas de caminar afrontamos con gran entusiasmo e ilusión el reto de esta hermosa ruta del Castro de Cervantes.

Eso sí, algunos casi terminan con una lesión de espalda de tanto recoger las castañas que alfombraban los senderos; hubo quien las recolectaba como si se preparara para celebrar un buen *Magosto*. Entre subidas y bajadas llegamos al castro. El paisaje cambiaba a cada paso, alternando bosques ancestrales, árboles centenarios y el río Castro, que cruzamos en un par de ocasiones. La naturaleza nos acompañó en todo momento y en sus múltiples formas: caminamos entre el canto de los pájaros, árboles frutales y aromas a miel, pisando alfombras de hojas secas, mientras nuestros recolectores actuaban por puro impulso, atraídos por el brillo y el tamaño de las castañas que veían en el suelo.

Al finalizar la ruta, regresamos al hotel Ancares, donde nos dispensaron un trato exquisito. Una ducha y una última comida —con agradecimientos y menciones especiales para los más valientes del fin de semana— precedieron al viaje de vuelta a Ares, adonde llegamos con puntualidad germánica. Una vez más, muchas gracias a todos los participantes. Hacéis que todo sea fácil y que nuestras excursiones se conviertan en experiencias inolvidables.

¡Hasta la próxima! 

 

 

Aviso Legal - Asociación Recreativa Bimares, Local Social de Seselle, Avda. De Redes, 25. CP 15623. Ares . A Coruña - M 646 413 548- Diseña